Skip to main content
Axenda Caducada

A Pontenova organiza un concurso de fotografía de Entroido

Por 24 Febreiro, 2022Marzo 2nd, 2022Sin comentarios

Esta fin de semana celebrase a festa do Entroido na Pontenova e para esta ocasión dende a concellería de turismo organiza un concurso de fotografía, tanto para adultos como para os máis cativos.

Para participar haberá que subir a fotografía ao seguinte enlace ou na App e conseguir o maior número de votos posible.

O concurso estará activo ata o 2 de marzo ás 17:00 horas e as 4 fotografías ganadoras serán as máis votadas por categoría e comunicarase o 2 de marzo, na páxina do concurso, en Facebook e na conta de Instagram de Turismo de A Pontenova.

Haberá premios para as diferentes categorías, para individual adulto será un bono para dúas persoas con visita a Mina Consuelo e baixada ao nivel -1; e na individual infantil será un pase para cinco lances na tirolina infantil.

Para os grupos de adultos o agasallo será un bono de dúas persoas para lanzarse pola tirolina xigante e para os infantís, 5 tiradas pola tirolina pequena.