Skip to main content
Axenda Caducada

Todo preparado para a celebración do Gran Camiño de Sarria

Por 26 Febreiro, 2022Febreiro 27th, 2022Sin comentarios

Mañá, domingo 27 de febreiro, Sarria será a protagonista na cuarta e última etapa do Gran Camiño, a renovada volta ciclista a Galicia, na que participarán douscentos corredores e dezasete equipos. Entre os que se encontra o ciclista Alejandro Valverde co grupo Movistar.

En Sarria celebrarase unha contrareloxo individual de 15,80 km con saída na Rúa da Liberdade (Calvo Sotelo) e chegada á Rúa do Castelo.

Este gran evento traerá á vila de Sarria unha importante infraestrutura que fixo reprogramar outras actividades como o desfile de Entroido de 2022. Finalmente este celebrarase o 6 de marzo e provocará que por algunhas das rúas de Sarria non se poida circular nin aparcar durante boa parte do domingo, polo que instan aos veciños a ser previsores.

Dende o Concello solicitan que as persoas que precisen desprazarse planifiquen a viaxe durante a mañá do domingo e sigan as indicacións das forzas e corpos de seguridade.

PLAN DE TRÁFICO
A circulación cortarase a partir das 11.30 horas da mañá. No percorrido dos participantes, non poderá circular ningún vehículo fóra dos propios vehículos da carreira. A rúa da Liberdade (Calvo Sotelo), desde o cruzamento con rúa Xela Arias, ata a intersección con Matías López, estará reservada para o aparcamento de equipos. A rúa Matías López, desde o cruzamento con rúa Xela Arias, ata a intersección con rúa da Liberdade (Calvo Sotelo), estará reservada para equipos e organización. A rampla de saída estará situada na intersección en Catro Camiños. A rúa Matías López, entre a intersección con Rúa da Liberdade (Calvo Sotelo) e a rotonda con Diego Pazos, estará reservada para os corpos de seguridade.

O encontro deportivo será televisado para máis de 200 países por Eurosport, TVG1 e TVG2.