Skip to main content
Axenda Caducada

Máis de 200 participantes no desfile do Entroido de Quiroga

Por 27 Febreiro, 2022Sin comentarios

Quiroga acolle hoxe o desfile de comparsas de Entroido con preto de 200 participantes repartidos en cinco comparsas e un disfrace individual.

As cinco da tarde é a hora prevista para o comezo do desfile dende as inmediacións da rúa Praia para chegar, despois de recorrer a rúa Real, ata as inmediacións da casa consistorial.

Precisamente para o paso da comitiva é polo que a Policía Local pide a todos os propietarios de vehículos que non estacionen ao longo da rúa Real, no tramo comprendido entre As Palmeras e o Bar Zorro, entre as catro da tarde do domingo e o remate do desfile.

Participar no desfile como é habitual ten premio. Un xurado composto por un membro de cada comparsa participante, valorará especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a elaboración da carroza. Os premios mantéñense na contía de anos anteriores.

600 euros para a comparsa gañadora, 300 para a segunda clasificada e 200 para a terceira. Aparte destes tres premiados, o resto das comparsas participantes recibirán 100€ e haberá un único premio de 60 € para o mellor disfrace individual.

A música dunha charanga animará tamén o desfile que comezará na rúa Praia ás cinco da tarde e a festa ao seu remate diante da casa consistorial tras recorrer a rúa Real. Mentres se agarda polo fallo do xurado todos os asistentes estarán convidados a un chocolate con churros.

A comisión organizadora tamén pide a todos os asistentes ao desfile e a festa que cumpran as medidas sanitarias vixentes nestes momentos, que son a distancia social na medida do posible, pero sobre todo o uso de máscara.

Pero este non será o único día de festa posto que os máis pequenos terán o luns día 28 unha festa infantil de disfraces a partir das cinco da tarde no disco pub Yoya. E os maiores, o martes de entroido poderán merendar, nas instalacións do centro social, orellas de carnaval e sangría.