Skip to main content
Axenda Caducada

ADEGA organiza unha nova xornada de limpeza no Río Rato de Lugo

Por 27 Febreiro, 2022Marzo 4th, 2022Sin comentarios

A delegación de Lugo de ADEGA organiza este venres unha nova limpeza de ríos, concretamente nun treito do Río Rato á altura de Albeiros, dende ás 17.00 horas ata as 19.00 horas.

Esta actividade da continuidade á actividade de limpeza do pasado mes e que xorde ante a necesidade de retirar o lixo existente no río, procedente na súa meirande parte da mala xestión doméstica, nomeadamente as toalliñas, preservativos, paus dos ouvidos… que se botan polo wc, e que rematan no río cada vez que as grandes choivas saturan as canalizacións de augas suxas e os pozos de tormenta liberan estas augas, con todo o que conteñen ao río.

O obxectivo desta actividade é a concienciación social que entre todos e todas realizamos, axudando con pequenas accións a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais.

Para participar na actividade é preciso inscribirse antes do xoves 3 de marzo ás 14h chamando ao 982240299 ou escribindo un correo electrónico a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, DI, e teléfono de contacto.