Skip to main content
Axenda Caducada

Segue aberta a inscrición para a carreira de obstáculos Pretorian Race de Lugo

Por 28 Febreiro, 2022Maio 14th, 2022Sin comentarios

Aberto o prazo para a Pretorian Race de Lugo, un evento deportivo que consiste no desafío dos seus participantes na realización dunha carreira de obstáculos organizada pola Asociación Pretorianos Club. Dita proba terá lugar o vindeiro 14 de maio nos arredores do paseo do río Miño na cidade amurallada.

Esta proba deportiva é para todos os públicos a partir dos 18 anos, aínda que poden participar menores con autorización dos pais.

Poderase participar en diferentes categorías. A categoría Élite está dirixida a corredores altamente experimentados neste tipo de competicións. Élite pretorian para corredores experimentados. Grupos de idade é a categoría na que os deportistas competirán con participantes da súa franxa de idade. Popular para corredores que practican deporte con frecuencia e Equipos, estarán formados por un mínimo de catro corredores. Ademais, da marca en equipo, terán unha marca persoal que lles permitirá competir á súa vez a nivel individual. Para que un equipo poida clasificar terán que entrar polo menos, catro dos seus integrantes na meta e será o tempo do cuarto corredor o que marque o tempo do equipo.

A carreira disputarase mediante un sistema de quendas, cada quenda terá un máximo de 100 corredores. Os participantes deberán estar 10 minutos antes do inicio da súa quenda.

O percorrido terá entre 6 e 8 quilómetros e terá entre 27 e 32 obstáculos.

Será obrigatorio na categoría Élite superar os obstáculos sen ningún tipo de axuda. Os participantes contarán con varios intentos. Na categoría popular, os corredores poderán axudarse entre eles si no primeiro intento non logran superar o obstáculo.

A inscrición realizarase de maneira online a través da páxina web https://pretorianrace.com/

Haberá premios para os tres primeiros clasificados femenino e masculino.