Skip to main content
Axenda Caducada

Aprazado para o sábado a cabalgata e o concurso de Entroido das Pontes

Por 28 Febreiro, 2022Marzo 5th, 2022Sin comentarios

Debido ás  previsións metereolóxicas e ante a imposibilidade de realizar a cabalgata de Entroido nun espazo cuberto, o Concello das Pontes informa que o desfile previsto para mañá, martes 1 de marzo ás 17.00 horas, pasará a celebrarse o vindeiro sábado 5 de marzo ás 16.30 horas.

A cabalgata de Entroido, partirá ás 16.30 horas da rúa Monte Caxado para realizar, a continuación, un percorrido que discorrerá polas avenidas máis céntricas, previsiblemente polas de Ortigueira,Vilalba e Celso Emilio Ferreiro para finalizar no pavillón polideportivo municipal, lugar onde se efectuará a entrega de premios.

Todas as persoas interesadas en participar no desfile de disfraces deberán inscribirse previamente como todos os anos cando o Concello así o dispoña e se publiquen as bases.

O concuso, que conta con máis de 7.000 euros e premios, establecerá dúas modalidades para os grupos, en función do número de integrantes, ademais da posibilidade de concursar de forma individual ou en parellas. Haberá tres categorías en función da idade, adultos, infantil e meniños para os máis pequerechos da casa.