Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes RIBEIRASACRAXADeportes SARRIAXADeportes TERRACHÁXA

Convocadas as axudas para entidades deportivas e culturais da Deputación

Por 26 Febreiro, 2022Sin comentarios

As axudas suman un importe de 700.000 euros. A Xunta de Goberno deste venres aprobou as bases das convocatorias, que se publicarán nos vindeiros días no BOP.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres as bases das convocatorias de axudas de concorrencia competitiva a asociacións culturais e a clubs e entidades deportivas, coas que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará ao tecido asociativo 700.000 euros.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, detallou as contías e obxectivos das convocatorias, que nos vindeiros días se publicarán no Boletín Oficial da Provincia para que as entidades poidan tramitar as solicitudes correspondentes.

Asociacións e colectivos culturais

A convocatoria para asociacións culturais conta cun importe total de 200.000 euros. As achegas teñen como finalidade o financiamento de actividades culturais que se desenvolvan na anualidade 20222 por parte de entidades dedicadas á dinamización e promoción cultural que teñan sede ou delegación social na provincia de Lugo.

As asociacións poderán beneficiarse de achegas entre os 300 e os 3.000 euros, en función da calidade e o interese cultural, patrimonial e etnográfico das actividades que presenten á convocatoria así como a súa singularidade e grao de consolidación, dacordo cos baremos fixados nas bases.

Tamén se valorará a difusión e transmisión de valores que fomenten a igualdade de xénero, a integración das persoas con capacidades diferentes e as relacións interxeneracionais. Así mesmo, primaranse as propostas de asociacións asentadas en concellos de ata 2.000 habitantes.

Maite Ferreiro explicou que “un ano máis sacamos adiante esta convocatoria que achega ás asociacións de ámbito local e comarcal un apoio  económico fundamental para manter a súa actividade e facilitar o acceso á cultura en todo territorio. A diferenza doutras anualidades, nesta ocasión centramos todo o investimento na organización de actividades, para promover a recuperación total dese dinamismo: das presentacións, proxeccións, coloquios, encontros culturais, que se viñan organizando e que foron interrumpidas ou condicionadas pola pandemia”.

Na convocatoria de 2021, beneficiaronse desta achegas 135 asociacións culturais das distintas comarcas.

Clubs e entidades deportivas

No tocante á convocatoria para clubs e entidades deportivas, o investimento da Vicepresidencia da Deputación será de 500.000 euros. Establécense dúas liñas de axuda: unha destinada a sufragar gastos da actividade competitiva, cun importe que oscila entre os 300 e os 5.000 euros, con 470.000 euros, e outra dirixida á organización de eventos, con achegas entre os 300 e os 2.000 euros.

Na concesión, valóranse criterios como o número de deportistas e/ou equipos, ao rendemento deportivo ou a traxectoria  do club, e tamén se formulan baremos ligados a promoción do deporte feminino e a participación de persoas con capacidades diferentes. Asi mesmo, prímanse aos clubs con sede en concellos con menos de dous mil habitantes.

Maite Ferreiro sinalou que “estas subvencións son un recurso fundamental para clubs de base e afeccionados de todas as comarcas, xa que con ellas financian  gastos derivados de fichas, material deportivo ou transporte facilitando que rapaces e rapazas poidan practicar diferentes modalidade que se benefician nenas e nenos/rapazas e rapaces de todas as modalidades deportivas”.

O ano pasado recibiron estas axudas uns 200 clubs de base e afeccionados das distintas comarcas.