Skip to main content
Baleira

Feijoo visitou a residencia e centro de día de Baleira

Por 1 Febreiro, 2022Sin comentarios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a residencia e centro de día público de Baleira como mostra de que un rural con servizos é un rural vivo.

Durante unha visita ás instalacións, Feijóo gabou a calidade de atención deste centro, que abriu as súas portas en 2019 e que conta con 24 prazas públicas de residencia para a atención especializada aos veciños de máis idade que o necesitan; e outras 20 no centro de día, para os que prefiren seguir vivindo nas súas casas e pasar unhas horas ao día facendo actividades en compañía doutras persoas maiores.

O avance que a Comunidade ten experimentado nestes últimos anos en relación coa atención aos maiores, fan posible que, vivan onde vivan, os galegos teñan a posibilidade de facerse maiores nas súas casas con atención profesional, a través do Servizo de Axuda no Fogar que, actualmente, atende a máis de 24.600 persoas; ou teñan acceso, por exemplo, a servizos como podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria, grazas a programas como Coidados porta a porta, cuxos autobuses comezarán a rodar por toda Galicia, nas vindeiras semanas.

“O noso obxectivo é que o rural conte cada vez con máis servizos, con máis vitalidade e con máis benestar”, dixo, referíndose tamén as 83 casas do maior que xa están abertas por todo o territorio.