Skip to main content
Baralla

O Concello de Baralla convoca axudas eléctricas para veciños vulnerables

Por 7 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Baralla publicou o bando polo que se informa aos veciños sobre as axudas eléctricas. Ata o 31 de outubro de 2022, está aberto o prazo de solicitude as axudas urxentes para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión.

Con este tipo de axudas estase a promover unhas condicións de vida e calidade nos fogares dignas tralas importantes subidas da electricidade nos últimos meses, que poden causar situacións de perigo en familias máis fráxiles.

A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300euros ano ou 450 euros ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Poderán solicitar esta axuda os residentes do Concello de Baralla con tarifa eléctrica de consumidor vulnerable severo.

O consumidor vulnerable severo é aquel que percibe unha renda anual inferior ou igual ao 50% dos límites establecidos para ser considerado consumidor vulnerable.

Para obter máis información pódese chamar ao teléfono 982 363 303 extensión 2.