Skip to main content
A Fonsagrada

O club Montañas Terras de Burón organiza unha nova ruta de sendeirismo pola Fonsagrada

Por 15 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Club de Montañas Terras de Burón organiza a segunda ruta de sendeirismo pola Fonsagrada. Esta conta con dúas modalidades xa que se pode facer tanto correndo como andando. A ruta está organizada para os socios do club.

O roteiro terá lugar o vindeiro 27 de febreiro saíndo ás 10.00 horas da Aula Verde.

O camiño curto será ded 8 km cunha duración aproximada de 3 horas cunha dificultade baixa. A ruta longa será de 19 quilómetros que farán os corredores en aproximadamente entre 3 e 5 horas.

As inscricións poden realizarse por Whatsapp dos socios ou a través das redes sociais do club para facerse socio. Contará con seguro para cada participante que non estea federado e a inscrición é de balde para os socios do club.

A ruta será dende Pereira a Queixoiro. Este tipo de actividades nacen para promover a realización do deporte e actividade física nas montañas da Fonsagrada. A primeira ruta organizada por este grupo contou coa participación de 150 persoas, 50 realizaron o traxecto curto de 5 quilómetros e 100 o longo que contaba con 14 quilómetros.