Skip to main content
A Fonsagrada

A Feira do Butelo da Fonsagrada está a celebrar as súas vodas de prata

Por 20 Febreiro, 2022Sin comentarios

Este fin de semana estase a celebrar a XXV Feira do Butelo. Na inauguración participaron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o alcalde, Carlos López, e deputados e deputadas provinciais.

A praza do Concello da Fonsagrada foi o lugar elixido para a recuperación desta celebración na que a institución provincial colabora cunha achega de 6.000 euros a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos.

A Feira recuperou o formato presencial, logo de que o ano pasado se fixese unha versión dixital con motivo da pandemia, e congregou a miles de persoas neste concello da Montaña, onde se consumirán arredor de 8.000 quilos de produtos cárnicos, xunto con outros alimentos tradicionais.

José Tomé subliñou que esta cita serve como “promoción e o estímulo dun produto local que é fundamental para dinamizar a comarca e o rural lucense” e eloxiou o traballo de gandeiros e gandeiras, as empresas cárnicas, as distribuidoras e a hostalería do municipio e da comarca da Montaña que fan posible a distribución e consumo deste produto.

Tras a celebración da primeira xornada, hoxe domingo entregarase a distinción de Butelo de Ouro, que este ano recae en María del Carmen Asunción Gómez Álvarez e Miguel Ángel Martínez Martínez. Tamén haberá actuacións do grupo de música tradicional Illa Pancha e da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros.