Skip to main content
Lugo

Reportaxe: Santa Eulalia de Bóveda, o santuario da auga lucense

Por 14 Febreiro, 2022Sin comentarios

Fai case 100 anos que se descubriu o Santuario de Santa Eulalia de Bóveda tras pasar séculos enterrado. Descubriuse en 1926 e no ano 1931 declarouse Monumento Artístico Nacional. Hoxe califícase coma Ben de Interese Cultural.

O santuario de Santa Eulalia de Bóveda que data de época romana é un caso de interese para o estudo da transcendencia cultural da auga en territorio galego, sitúase na pequena localidade lucense de Santalla Bóveda de Mera, a escasos 15 quilómetros da capital da provincia.

Trátase dun recinto de forma rectangular con aspecto de cripta ao que se accede atravesando un pequeno pórtico con porta de ferradura. O primeiro que chama a atención do edificio descuberto é que está orientado de forma oposta á habitual nas igrexas almedievais. Está formado por unha nave cadrada, duns 6,5 m de lado, solada de alabastro cunha piscina no centro, que ten no seu extremo occidental a modo de ábside, un nicho cuadrangular de 2,89 m de ancho por 1,47 m de profundidade e no lado oposto a entrada cun nártex rectangular da mesma lonxitude que a nave e 1,47 m de profundidade. Conta con dúas columnas que soportaban tres arcos, que a día de hoxe están desaparecidos, de maior anchura central. O interior do edificio foi modificado posteriormente e reorganizado en sentido lonxitudinal como basílica de tres naves ao engadir dúas filas de tres arcos. Nesa remodelación cubriuse a piscina.

O edificio toma como centro de atención a auga xa que tanto a súa contorna, chea de pequenos regatos, fontes e mananciais como o seu interior, indica que este é o elemento máis importante e salientable do conxunto arquitectónico. Baixo o seu pavimento actual sitúase un amplo armazón de canalizacións pétreas que percorren o interior do edificio ata chegar ao exterior do mesmo. Ademais, o característico do interior do Monasterio de culto é a piscina que ocupa o lugar central da estancia principal, este estanque mantíñase co mesmo nivel de auga constantemente grazas ao devandito sistema de canalización.

Os frescos do interior de Santa Eulalia de Bóveda fan referencia a aves, vexetais e froitos moi relacionados coa agua facendo especial fincapé na importancia do líquido neste espazo.

Grazas aos estudos realizados da auga do lugar, pódese saber que se caracterizaba polas súas propiedades salutíferas fronte enfermidades coma reuma, podagra e quiragra. Ademais, nos relevos que ornamentan o edificio salientan as imaxes que representan os rituais que se facían no estanque relacionados coa fertilidade. Esta característica é común a outras edificacións galegas como Santa María da Lanzada.

Hoxe en día, este edificio conta con múltiples problemas de humidade debido a que está bastante soterrado e conta con moitas filtracións.