Skip to main content
Lugo

Novas actuacións para mellorar a accesibilidade nas rúas de Lugo

Por 2 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo acometerá diferentes actuacións para mellorar a accesibilidade nas rúas das cidade.

Pequenas intervencións que consistirán, especialmente, no rebaixe dos bordos de varios pasos de peóns da capital pero tamén na substitución do seu adoquinado o que implicará refacer por completo esta parte da calzada.

Estas actuacións que serán moi importantes para a consecución dunha mobilidade integradora. Estas suporán un investimento conxunto próximo aos 50.000 euros e que se executarán atendendo ás demandas trasladas pola Asociación Auxilia para mellorar aqueles aspectos urbanos que poden condicionar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Nas vindeiras semanas, comezarán os traballos para reformar os pasos de cebra da rúa Vilalba e Ángel López Pérez, mentres que na rúa do Teatro se eliminará o empedrado existente nos extremos da vía onde se mantén aínda algunha lastra.

Actuarase tamén na Rolda da Muralla, na confluencia con Lois Cordeiro e na Avenida da Coruña, a altura do número 85 e nas proximidades de Perpetuo Socorro.

Durante os últimos anos se dotou de elevadores, para corrixir os desniveis de altura existentes, a barrios cunha orografía complexa e cunha alta densidade de poboación como son os de Fontiñas ou o Sagrado Corazón. Tamén se foi substituíndo, de forma progresiva, o pavimento da beirarrúa que circunda a Muralla por outro que resulta máis cómodo e practicable para o desprazamento de cadeiras de rodas ou carriños de bebés. Tamén se traballa actualmente en corrixir o desnivel existente nas rúas que circundan o centro de saúde de San Roque e tanto na creación de novos espazos ou nos proxectos de reforma de zonas públicas existentes, como as peonalizacións da Mosqueira e de Quiroga Ballesteros ou a eliminación da pasarela de San Roque con Montero Ríos.