Skip to main content
Lugo

A CIG prevé un escenario convulso na Industrias Lácteas de Nadela nos vindeiros meses

Por 4 Febreiro, 2022Sin comentarios

A CIG informa, con respecto á empresa Industrias Lácteas de Nadela SL, empresa do grupo Lactalis, anteriormente Puleva Foods que tras as informacións recadadas constata “o fracaso total da empresa na xestión coas persoas traballadoras”.

Dende a central sindical constátase o alto grao de incumprimentos en materia laboral, tanto no marco do convenio como do propio acordo de melloras do centro de traballo, isto tivo a súa tradución inmediata nas innumerables demandas do persoal que a empresa veu forzando nos 2 últimos anos, “o que evidencia claramente unha aposta de Lactalis pola xudicialización e o conflito” afirma a CIG.

O sindicato mantén que “esta circunstancia podería non chamar a atención, pero o feito de que o seu persoal teña que ter os ollos constantemente nos ‘petos’ por se a empresa ‘mete a man’ na ‘carteira’ está a ser unha constante, o que sumado á inminente actualización do convenio do sector das industrias lácteas e á solicitude de actualización do acordo de melloras da empresa, notificado polo Comité á empresa, esboza unha previsión dun escenario convulso nos vindeiros meses”.