Skip to main content
Lugo

As obras de Luís Valentín Fernández Vila chegan á cidade o 11 de febreiro

Por 10 Febreiro, 2022Sin comentarios

Ao redor de nós, a última exposición do pintor lucense Luís Valentín Fenández Vila, chega este venres, 11 de febreiro, a Lugo. Poderá visitarse na galería Nova Rúa.

O acto de inauguración desta mostra, no que estará o autor dos lenzos, terá lugar no propio centro ás 20.00 horas.

A obra do lucense Fernández Vila percorreu as capitais galegas en diferentes ocasións e acaba de pechar unha exposición en Vigo, na sede da Fundación. Tamén realizou exposicións en Cataluña e León, e obtivo varios premios en diferentes concursos de arte como o Premio José Domínguez Guizán, que gañou en dúas ocasións.

Natural do Saviñao (Escairón, 1958), Fernández Vila formouse na Escola Superior de Belas Artes Sant Jordi de Barcelona, onde obtivo a licenciatura xunto ao título de profesor de debuxo en 1982. Integradono corpo de rofesores de debuxo, impartiu docencia ata a súa recente xubilación,
en diferentes centros de Galicia, sendo o seu destino final o IES Ánxel Fole de Lugo..

Artista polifacético, realiza tamén ilustracións, destacando entre o seu traballo algúns debuxos sobre textos do escritor Xosé Miranda.

Na obra de Luís Valentín sorprenden as súas paisaxes, tanto urbanos como forestais. O detallismo, a luminosidade e a creación de ambiente conforman unha pintura, onde o espectador diríxese conscientemente.