Skip to main content
Lugo

A Asociación de Veciños da Milagrosa alza a voz pola mellora das beirarrúas da zona

Por 22 Febreiro, 2022Febreiro 23rd, 2022Sin comentarios

Desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo, manifestan a súa preocupación polo “lamentable estado que, a data actual, febreiro de 2022, presentan as rúas Álamo, do Franco e Flor de Toxo, da nosa cidade”.

Concretamente, no caso da Rúa do Franco,xa que presenta beirarrúas desfeitas, ademais de moi antigas que supoñen un risco moi importante para os usuarios. No referente á Rúa Flor de Toxo, esta atópase, directamente, sen beirarrúas e sen urbanizar, polo que a demanda da asociación é que se lle poña remedio urxente ás devanditas carencias. Doutra banda, a Rúa Álamo presenta tramos sen beirarrúa, e, nos que si existe esta, presenta un mal estado.

Por estas rúas circulan diariamente un número moi considerable de persoas, xa que, concretamente, no caso da Rúa do Franco, conecta co Parque da Milagrosa; mentres que a Rúa Flor de Toxo faio cunha das arterias principais da cidade, como é a Avenida da Coruña. Así mesmo, a localización, moi próxima, do centro de Saúde Illas Canarias, motiva a importante afluencia de persoas nestas rúas.

Desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, instan ao Concello de Lugo “a que repare de forma urxente as mencionadas rúas, así como que incremente o investimento a este respecto, xa que o estado das beirarrúas repercute directamente na seguridade viaria diaria de miles de usuarios, e que na actualidade se senten abandonados por esta Administración”.