Skip to main content
Lugo

Os empresarios locais asistiron a unha charla sobre a plataforma de contratación no CEI Nodus

Por 23 Febreiro, 2022Sin comentarios

O salón de actos do CEI Nodus acolleu no día de onte una charla informativa, a cargo de técnicos municipais, da nova plataforma de contratación do Concello de Lugo, para favorecer a concorrencia e a igualdade de oportunidades e mellorar a publicidade das convocatorias de contratos menores.

Á reunión foron convocados os empresarios locais co fin de que puideran coñecer de primeira man o funcionamento desta nova ferramenta que se atopa en funcionamento dende comezos desta semana.

Esta nova ferramenta dixital será sinxela e moi intuitiva no seu manexo de maneira que calquera persoa poida acceder a ela para realizar consultas, informarse das bases de contratación ou inscribirse nas adxudicacións en curso. Permitirá, ademais, a creación dun rexistro de licitadores que poderán inscribirse naquelas categorías que se correspondan coa actividade que desenvolven ou na que teñan interese, de maneira que, mediante un sistema de alertas, serán notificados da apertura de novos procedementos así como dos avances que se produzan neles.

Así mesmo, as empresas terán á súa disposición unha liña de soporte gratuíto e un número de teléfono de contacto para resolver calquera dúbida, alén dun vídeo explicativo que exercerá de titorial para empregar o novo sistema.