Skip to main content
Lugo

As Mulleres Veciñais presentaron a súa exposición ‘Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero’

Por 23 Febreiro, 2022Febreiro 24th, 2022Sin comentarios

A área da Muller da Federación de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” da provincia de Lugo, “Mujeres Veciñais”, dirixida por María del Carmen Casasnovas García, presentou onte, martes 22 de febreiro de 2022, a súa Exposición “Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero”, enmarcada no programa de actividades que desenvolve con motivo do Día Internacional da Muller, que terá lugar o próximo 8 de marzo.

Dita exposición recompila as actividades levadas a cabo pola área da Muller da Federación de Asociacións Veciñais “ Lucus Augusti” ao longo do pasado ano 2021. Ademais, será itinerante ao longo das próximas semanas, grazas ás asociacións federadas que desexen acollela.

Especial espazo teñen as imaxes da serie de charlas-coloquio levadas a cabo ao longo de toda a provincia de Lugo, nun número contorna a 50 sesións, no medio rural e parroquias da capital lucense, e que tiveron como finalidade, durante o pasado ano 2021, promover a loita contra a Violencia de Xénero e o fomento da Igualdade na sociedade.

Tamén se recollen, na devandita exposición, carteis de diferentes campañas levadas a cabo, así como imaxes doutros actos protagonizados pola área da Muller.

Así mesmo, con motivo do próximo 8 de marzo, desenvolveranse outras actividades en colaboración, algunha delas, coa Rede Estatal de Mujeres Veciñais –Área da Muller pertencente á C.E.A.V., Confederación Estatal de Asociacións Veciñais-.