Skip to main content
Lugo

Os maiores de Lugo reivindican as dificultades que teñen á hora de realizar trámites

Por 28 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Lugo volve á carga. Nesta ocasión a queixa ven das dificultades que presentan as diferentes administracións públicas á hora de facer trámites cotiáns.

Xa sexa unha dúbida no INSS, onde se tramitan as xubilacións, como o acceso á información de diferente índole, facilítanse os números de teléfono 901 que teñen un custe elevado. Para prestacións, citas previas e outras xestións ven necesario o emprego dun sistema que “axuda a aforrar tempo nos trámites” como a Cl@ve PIN, o certificado dixital… que nun principio pode estar ao alcance de calquera persoa aínda que moitas delas ven dificultoso a realización deste tipo de dilixencias.

Despois do abandono que sufriron as persoas maiores en canto aos trámites bancarios que promoveron unha serie de mobilizacións por todo o país. Nesta ocasión reivindican que as limitacións que teñen para o uso das novas tecnoloxías dificultan a súa propia economía, xa que para realizar trámites de diferentes administracións precisan a axuda dun xestor, co gasto que isto supón. Ademais, fan fincapé na “deixadez das administracións locais, autonómicas e nacionais á hora de ofrecer unha atención personalizada”.

Afirman que o obxectivo destas entidades é recadar fondos aproveitándose do abandono tecnolóxico que sofren debido as súas limitacións e ao desinterese de quenes deberían facilitarlle as cousas para poder resolver de maneira eficiente as xestións.