Skip to main content
Lugo

Nova programación didáctica en marzo para os nenos no MIHL

Por 28 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Museo MIHL de Lugo fai pública a súa nova programación didáctica para os máis pequenos da cidade. Desta forma os fines de semana ofrecerá diferentes obradoiros cos que pretende inculcar novos coñecementos nos cativos de Lugo dunha maneira entretida e divertida.

Os sábados as actividades serán para nenos de 4 a 6 nenos mentres que os domingos será para os nenos máis maiores de 7 a 12 anos. Desta forma a actividade do primeiro fin de semana será Deseñamos espazos coñecidos, o segundo fin de semana Así Xogabamos, o terceiro Cores e formas de primavera e o último Moedas antigas.

As actividades terán un horario de 17.00 horas a 19.00 excepto os días 5 e 6 que terán un horario especial pola mañá.

En todas elas é preciso realizar inscrición dende o martes anterior a cada obradoiro a través do número de teléfono 982 297 446.