Skip to main content
Monterroso

Monterroso achega a Copa raíña de voleibol aos seus veciños

Por 8 Febreiro, 2022Sin comentarios

O día 12 de febreiro celebrarase o final da Copa raíña de voleibol na cidade de Lugo, dende o Concello de Monterroso queren achegar este deporte aos seus veciños e organizan unha excursión para ir de público á competición.

Contará con autobús de ida e volta desde Monterroso, ofrecerase merendola para todos e entrada ao acto deportivo de maneira gratuíta. Tan só hai que apuntarse antes do día 9 de febreiro a través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfv3Fz5WiiN9n9FzWZhuuauNLhXKMQnPEARsIkbtuQ0yeAUFA/viewform

COPA RAÍÑA VOLEIBOL
A competición máis antiga do voleibol español recala por primeira vez na cidade de Lugo, que acollerá a súa XLVII edición. Os seis mellores equipos ao final da primeira volta da liga Iberdrola loitarán por suceder a Feel Voley Alcobendas no palmarés. A provincia de Lugo volverá gozar desta cita unha década despois, tras as edicións organizadas en 2010 e 2004 en Monforte de Lemos.

As mellores xogadoras do voleibol nacional participarán nunha competición que supoñerá unha excelente oportunidade para demostrar o potencial de Lugo á hora de organizar eventos desta magnitude. A afección poderá gozar de seis vibrantes choques dentro dun cadro de eliminatorias no que os dous mellores equipos da primeira fase da liga Iberdrola serán cabeza de serie e, por tanto, evitarán a primeira rolda. Ao non ter opcións matemáticas de ocupar unha desas dúas prazas, as lucenses xa entrarán en competición o primeiro día, o 11 de febreiro