Skip to main content
Monterroso

Monterroso acondiciona pistas e accesos rurais con 300.000 euros

Por 18 Febreiro, 2022Sin comentarios

Monterroso adxudica 300.000 euros para a mellora de pistas e accesos a núcleos rurais, os traballos estarán finalizados a mediados de ano e terán como obxectivo mellorar a seguridade viaria e peonil dos veciños da zona.

As estradas nas que se estenderán estes traballos de aglomerado en quente son o acceso dende a N-640 ao núcleo de Pol, a estrada LU.221 ata Sucastro e a estrada LU-P-3305 ata Vilamor. Ademais, realizaranse traballos de mellora do triple rego asfáltico no camiño que vai dende Güimil ata a LU-221, tamén o punto que une Sirgal con Seteigrexas e o que conecta o polígono industrial con Sirgal. Tamén serán obxecto de mellora a estrada de Taboada ata O Bispo, a pista que unifica a estrada autonómica ata as explotacións gandeiras que se atopan en Pedraza e levaranse a cabo actuacións do estilo en Tarrío de Buxergos e Fufín.

Ademais, a rexedora, Rocío Seijas, afirmou que están adxudicadas as obras de asfaltado dende Lucencia a Sestelo e a mellora dos accesos a Trascastro, Lentil, Areosa, Gundín e Sucastro.

Estes acondicionamentos serán financiados baixo o Plan Único da Deputación de Lugo e a través do plan de infraestruturas rurais e do plan de mellora de camiños municipais e parcelas agrícolas da Xunta de Galicia.