Skip to main content
Navia de Suarna

A III Xornada de Anpas Galegas no Rural tivo lugar en Navia de Suarna

Por 21 Febreiro, 2022Sin comentarios

A casa Quindós-Vilela, en Navia de Suarna acolleu o pasado sábado 19 de febreiro a terceira xornada de Anpas Galegas no Rural organizada pola Confederación de Anpas autonómicas. Neste encontro reflexionouse sobre o ensino no rural pero dun xeito transversal, ademais tamén se falou sobre a cultura e os servizos que conforman a rede da vida rural.

Sobre educación, o tema principal foi a implantación de ciclos de FP vinculados co territorio, desta forma estaríanse a ofrecer diferentes saídas profesionais aos mozos da contorna sen saír do seu medio, sen ter que desprazarse e obtendo unha formación de calidade preto do seu lugar de residencia.

A formación nos ámbitos de agricultura, gandaría e silvicultura é ampla e pode ser unha moi boa opción para fixar poboación nos núcleos rurais, neste encontro fíxose fincapé en que a Formación Profesional conta cunha morea de saídas laborais, polo que ven preciso repartir esta oferta nos centros do rural e incrementar así a efectividades deste plantexamento.

Outro punto que se tratou nestas xornadas foi a pouca vinculación existente entre as empresas e a formación educativa o que dificulta que as novas xeracións labren un futuro no rural.

Unha cuestión importante que se tratou neste encontro foron os CPI, que son centros públicos integrados que ofrecen educación e formación a nenos de 3 a 16 anos, estes son os modelos de educación que dende as ANPAS consideran máis axeitado para os concellos rurais.