Skip to main content
Navia de Suarna

Éxito de participación na XXXI Festa da Androlla de Navia de Suarna

Por 28 Febreiro, 2022Marzo 1st, 2022Sin comentarios

Este domingo tivo lugar a XXXI Festa da Androlla en Navia de Suarna. Contou cunha gran participación dos veciños, visitantes e deputados provinciais. A celebración desta festividade coincidiu coa festividade do Entroido. A institución provincial colaborou cunha achega, a través do Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos, de 3.000 euros.

Logo de que o ano pasado non se puidese celebrar por motivo da pandemia, esta festa congregou a centos de persoas en Navia de Suarna, onde se puxeron á venta arredor de 1.000 quilos de Androlla, xunto con outros alimentos tradicionais. José Tomé subliñou que esta cita serve para “a posta en valor dos produtos do noso sector primario porque cremos que o impulso e a modernización deste sector é un dos grandes camiños de progreso que temos por diante”.

O programa de actividades arrancou ás 10.00 horas co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas; ás 10.30 horas comezou a XXXI Festa da Androlla coa apertura de stands, ás 13.00 horas tivo lugar a degustación de Androlla na Praza da Vila e ás 15.00 horas celebrouse a clausura xunto a unha actuación musical.