Skip to main content
As Nogais

O punto limpo móbil facilitará aos máis de 1.000 veciños das Nogais o depósito de residuos domésticos

Por 8 Febreiro, 2022Sin comentarios

As Nogais conta cun novo punto limpo móbil grazas a unha achega da Xunta de case 70.000 euros. Este servizo ampliará o de recollida de residuos urbanos.

O camión recolector poderá chegar aos 45 núcleos nos que está dividido o concello, facilitando aos máis de 1.000 veciños o depósito de residuos domésticos de volume considerable, ou residuos especiais, que non se deben depositar no contedor xeral.

Este tipo de iniciativas son importantes, porque se lles da un tratamento axeitado ao enxoval en desuso, electrodomésticos inoperativos ou baterías e pilas esgotadas, e tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas zonas naturais dos concellos, abrindo a posibilidade de darlle unha segunda vida, a través da recuperación de materiais.

Este punto limpo móbil deixa aberta a posibilidade de dar un novo paso en materia de residuos, o de implantar a recollida separada de biorresiduos, un proxecto no que tamén poden contar coa axuda do Goberno galego. Ata o 22 de febreiro se poden solicitar axudas a dúas liñas de actuación, unha para introducir o quinto contedor, o de biorresiduos, na recollida municipal e, a segunda, para fomentar a compostaxe doméstica.

Os concellos lucenses que aínda non contan con punto verde móbil tamén dispoñen dunha liña de incentivos á que poden solicitar unha axuda individual, de ata 70.000 euros, para adquirir este tipo de equipamentos.