Skip to main content
Palas de Rei

Recollen doazóns de sangue o 19 de Febreiro en Palas de Rei

Por 12 Febreiro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro sábado 19 de febreiro no Concello de Palas de Rei, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 15.00 horas diante do Concello en Palas de Rei.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.