Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei achegará o baloncesto de balde aos nenos durante 5 semanas

Por 21 Febreiro, 2022Sin comentarios

O proxecto Máis que basket no rural pretende achegar o baloncesto e os hábitos saudábeis ao Concello de Palas de Rei.

Durante 5 semanas, profesionais da formación deportiva e invitados do CB Breogán, impartirán adestramentos a nenos de entre 6 e 15 anos, divididos por grupos de idades e nivel.

Complementando a oferta puramente deportiva, terán lugar dúas charlas-coloquios “Mulleres emprendedoras no rural” e “Hábitos saudábeis”.

Nuria Varela-Portas, xerente e cofundadora de Pazo de Vilane e Carmen Lence, Conselleira Delegada de Río de Galicia daralle a coñecer de primeira man o relevante papel que poden desempeñar as mulleres galegas dende a súa experiencia persoal.

Desta forma a inauguración será o día 26 de febreiro na praza do Concello ás 12.00 horas. Os adestramentos serán os días 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de marzo no CIP Palas de Rei de 17.15 a 18.15 horas.

As inscricións son gratuítas ata completar as prazas (40). Realizaranse a través do correo inscripciones@fundacionbreogan.org