Skip to main content
A Pobra do Brollón

Beatriz Busto presentará o seu libro na Pobra do Brollón

Por 7 Febreiro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A antropóloga e etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes presentará na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ o seu libro-CD Pandereteiras de Mens, publicado en 2021 por aCentral Folque.

O libro profunda na vida das cinco Pandereteiras de Mens, que dende a comarca de Bergantiños, cruzaron fronteiras e racharon estereotipos coa súa música. Elas son as primeiras mulleres que, sendo labregas, levaron o formato das pandereteiras aos escenarios públicos nos anos 70 e 80.

O libro contén fotografías a toda cor, unha excelsa compilación de músicas e transcrición de letras e músicas en partitura, para o que a autora contou coa colaboración do etnomusicólogo Sergio de la Ossa.

Na presentación haberá actuación das pandereiteiras de Samoeiro e espazo para a foliada, polo que os asistentes poderán levar os seus instrumentos para participar na celebración. Cumpriranse as medidas sanitarias precisas.

Hai que reservar sitio no teléfono 650 624 828, preferiblemente por WhatsApp.