Skip to main content
Ribas de Sil

Un concurso de disfraces será o protagonista do entroido en Ribas de Sil

Por 21 Febreiro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O vindeiro sábado 26 de febreiro Ribas de Sil acollerá un concurso de disfraces co fin de incentivar a colaboración dos veciños nesta data de tradición e celebración.

O desfile de comparsas sairá dende o Polideportivo Municipal de San Clodio ás 17.00 horas. A entrega de premios terá lugar na praza do Concello.

Unha comparsa está formada por un grupo de persoas que desfilan xuntas nunha festa popular disfrazadas, habitualmente cunha temática común.

O entroido, é unha festa popular de carnaval que se celebra en Galicia. O arraigo desta celebración na comunidade autónoma ven dado polo feito de que a pesar da súa prohibición na época da ditadura continuouse celebrando nas zonas rurais polas aldeas, conservando a súa riqueza cultural, mentres que nas zonas urbanas celebrábanse en sedes sociais onde se había que identificar para acceder.