Skip to main content
Folgoso do Courel

Folgoso do Courel suma actividades ao seu Entroido

Por 21 Febreiro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Ademais da festa de Entroido que terá lugar o vindeiro domingo día 27 de febreiro a partir das 16.30 horas na Casa do Concello onde haberá merenda, chocolatada para nenos e maiores, animación infantil, xogo pintacaras e globoflexia. As aldea poderán desfrutar do pasarrúas.

O Concello organizou, para que todos os veciños do municipio poidan gozar desta celebridade un pasarrúas que irá polas distintas parroquias. Desta forma, o sábado 26 comezará a ruta en Folgoso ás 11.00 horas, continuará as 13.00 no Carballal, ás 16.00 estará en Vilamor, ás 17.30 en Frozán, ás 19.00 horas en Baldomir, A Pendella e Touzon. A penúltima parada será ás 20.30 na Campa e para rematar a xornada ás 22.00 horas estará en Santa Eufemia.

O domingo 27 de febreiro, o pasarrúas comezará ás 11.00 en Piñeira, ás 12.00 horas estará en Seoane. Ás 16.00 horas estará por Teixeira, ás 17.30 horas en Noceda. Ás 19.00 en Meiraos e ás 20.30 en Paderne.

Para rematar a celebración do entroido, o Martes ás 17.30 o pasarrúas estará en Millares e ás 19.00 en Romero. Ademais, este día tamén terá lugar a Queima do meco e a solta do coaño.

Por respecto aos maiores, este ano, as máscaras non entrarán ás casas.