Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

As Tanxugueiras protagonizan o Xoves de Comadres da Ribeira Sacra

Por 25 Febreiro, 2022Febreiro 26th, 2022Sin comentarios

O Xoves de Comadres é unha tradición na que os homes rouban a roupa das mulleres para crear un boneco caracterizado coas súas roupas e burlarse así delas, encárganse de replicar as sátiras da semana anterior que tiveron lugar no xoves de Compadres. Este ano, despois do parón esixido pola pandemia nas datas anteriores, os Concellos de Monforte, Pantón e Sober retomaron esta festividade.

De novo, repítense as influencias das Tanxugueiras e tratáronse temas de actualidade, a cara de Isabel Díaz Ayuso estivo presente nas rúas das vilas.

En Monforte o premio á critica social foi para “Unha mirada á ciolencia de xénero no tempo” levado a cabo pola Asociación A Pinguela, o premio foi de 125 euros. Na categoría Barrios colectivo houbo tres accésit para Afamon, Moreda e Centro do Viño, dos segundos premios para a Asociación Veciñal Barrio de Cobas e Prodeme e dous primeiros para Josefina Rodríguez López e a Asociación Agora Centro de Dia.

Na categoría individual o accésit foi para a Oficina de Atención ao Peregrino, outorgáronse dous segundos premios a Asociación Agora e Baamorto e o primeiro foi para a Fundación Galicia O. Social.

A Praza de España individual foi para Antón López González mentres que a categoría dos centros de ensino colectivo foi para o Colexio Ferroviario. Por outra banda, o Centro de ensino individual outorgou o accésit ao CEIP A Gándara, os segundos premios ao CEIP Plurilingüe Monforte-Colexio Novo e a Fundación Torre de Lemos mentres que o primeiro premio foi para a ANPA Colexio Escolapios.

Durante á tarde a praza de Monforte encheuse de veciños que acudiron a ver a queima dos bonecos.