Skip to main content
Chantada

Aberta unha nova convocatoria para os cursos de pintura en tea e óleo dirixidos a maiores en Chantada

Por 7 Febreiro, 2022Febreiro 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Chantada abre unha nova convocatoria para os cursos gratuítos de pintura en tea e óleo dirixidos as persoas maiores. Este tipo de actividades promoven a creatividade, melloran a psicomotricidade fina.

As persoas interesadas deberán anotarse chamando aos Servizos Sociais para configurar grupos e horarios o máis pronto posible. O número de teléfono é o 982 462 299 en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Estas actividades son propostas do Concello para que os maiores non só reforcen as súas capacidades, senón que reforcen a súa esfera emocional para prever a inactividade, a fraxilidade e a soidade na medida do posible.

A pintura estimula a motricidade, especialmente mellora a motricidade fina, o manexo dos pinceis e os movementos requiridos para completar un cadrou ou unha pintura axudan a aumentar a forza, a coordinación e a destreza dos dedos.