Skip to main content
Folgoso do Courel

A festa do entroido do Courel será o día 27 de febreiro

Por 17 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel celebrará unha Festa de Entroido o vindeiro domingo día 27 de febreiro a partir das 16.30 horas na Casa do Concello.

Haberá merenda, chocolatada para nenos e maiores, animación infantil, xogo pintacaras e globoflexia.

Tamén haberá transporte entre Seoane e Folgoso para os nenos e nenas que o precisen chamando previamente ao Concello.

O entroido é unha celebración de carnaval de Galicia na que os asistentes se disfrazan e caracterizan para festexar e pasar un bo rato cos veciños e achegados.