Skip to main content
Monforte

Os gañadores do concurso de Poesía de Nadal de Monforte recibiron o seu premio

Por 17 Febreiro, 2022Febreiro 18th, 2022Sin comentarios

Na mañá de onte, o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, fixo entrega, na casa da cultura, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2021 ós nenos e nenas que resultaron gañadores do mesmo.

Os premios foron fallados polo xurado o pasado martes 11 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola biblioteca pública municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.

Na categoría A que recollía os traballos dos nenos de ata 8 anos gañou o primeiro premio Víctor Delgado Feijoo, o segundo foi para Carlos Alberto Martínez López, ámbolos dous do CEIP Novo e o terceiro para Martina Rodríguez López do Colexio Ferroviario. Nesta categoría ps accesit foron para Dayma Pino Valcárcel do Colexio Ferroviario e para a totalidade da clase de 1ºA do Colexio Novo que presentou un poema feito por toda a clase.

Na categoría B que abrangue os poemas dos nenos de 9 a 12 anos o primeiro premio foi para Sara Domínguez Rodríguez do CEIP A Gándara, o segundo foi para Adrián Valdés Quiroga do Colexio Ferroviario e o terceiro para Zaira Valdés Lamas e Sara Rodríguez Cid do Colexio Escolapios. Os accesits caeron en Mathias Ringewald Rainer do CEIP A Gándara, Laura López López do mesmo centro escolar e Sara Pérez Pallín dos Escolapios.

Na categoría C, de 12 a 16 anos, o primeiro premio foi para Rodrigo Cota Pérez do IES A Pinguela, o segundo premio levouno Jimena García Varela do Colexio Ferroviario e o terceiro foi para Chymae Yausfi do Ferroviario tamén.

Na súa intervención, o alcalde agradeceu a participación de todos os nenos e nenas, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o Concello se convocan ó longo do ano.