Skip to main content
Monforte

Últimos días para anotarse no Concurso de comparsas e disfraces do Entroido de Monforte

Por 23 Febreiro, 2022Febreiro 24th, 2022Sin comentarios

Últimos dous días para anotarse no Concurso de comparsas e disfraces do Martes de Entroido de Monforte. O prazo remata este xoves 24 de febreiro ás 14.00 horas. Para inscribirse será necesario presentar a correspondente documentación no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo.

O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para disfraces e comparsas de fóra da cidade.

A diferenza estará na contía dos premios, de tal xeito que o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.100 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 400 euros.

Por outra parte, haberá premios de 125 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.

O desfile de comparsas e disfraces comezará o 1 de marzo ás 17:00 h na praza da Estación.

RELACIÓN COMPLETA PREMIOS

A relación completa de premios inclúe diferentes premios segundo a categoría. Para as comparsas e disfraces de Monforte que teñan máis de 90 compoñentes, haberá un primeiro premio de 1.100 euros, un segundo de 700 e un terceiro de 500 euros. As comparsas entre 51 e 90 euros optarán a un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 350 euros e un terceiro de 200. As comparsas de entre 25 e 50 compoñentes poderán gañar 400 euros se quedan primeiros, 250 segundos, 200 terceiros. As comparsas entre 4 e 24 compoñentes terán un primeiro premio de 250 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 150 euros.

Os premios individuais de adultos de 1 a 3 compoñentes terán un primeiro premio de 125 euros, un segundo de 100 euros e un terceiro de 75 euros.

A maiores tamén se premiará con 125 euros a mellor comparsa tradicional, a mellor posta en escena, a mellor crítica de actualidade, mellor humor e mellor música en vivo.

A carroza que gañe o primeiro premio levará 400 euros, a segunda 200 e a terceira 150 euros.

O accésit para a comparsa con máis de 90 compoñentes será de 250 euros, a da comparsas de 51 a 90 compoñentes de 130 euros, para a comparsa de 25 a 50 compoñentes e a de 4 a 24 compoñentes será de 100 euros. O accésit para a comparsa infantil, o mellor individual adulto e o mellor individual infantil será de 40 euros. Mentres que para a carroza será de 70.

Os premios individuais infantís de 1 a 3 compoñentes contarán cun primeiro premio de 100 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro de 60. Mentres que as comparsas infantís de 4 compoñentes en adiante será o primeiro de 225 euros, o segundo de 130 euros e o terceiro de 75 euros. Estes premios infantís serán en material didáctico ou deportivo.

Por último haberá unha categoría de premios para as comparsas e disfraces de fora de Monforte. A comparsa de 1 a 3 compoñentes poderán optar a 125 euros se gañan o primeiro premio, a 100 se gañan o segundo e 75 o terceiro. As comparsas de 4 a 24 compoñentes poderán gañar o primeiro premio de 250 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro de 150 euros. As comparsas de máis de 25 compoñentes optarán a un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro de 200 euros.