Skip to main content
Pantón

Pantón acolle a mostra ‘Baleirada’ que expón o abandono do rural

Por 1 Febreiro, 2022Febreiro 2nd, 2022Sin comentarios

A Casa da Cultura de Pantón acolle a exposición “Baleirada” da Asociación Fotográfica Os Potiños. Unha mostra que intenta expor a pobreza, a emigración e o abandono do rural.

Co escape da mocidade das contornas rurais cara as urbes, os falecementos das persoas maiores, os poucos nacementos de pequenos, as aldeas van quedando sin xente, despoboadas, baleiras.

Esa é a idea principal que ten esta mostra fotográfica, facer fincapé na importancia de manter vivas as montañas, a importancia que ten nunha sociedade urbanita.

“Chove. Pingas. Podrecen as madeiras. Afúndense os lousados. Caen as paredes. Casas esborralladas. Queda unha ruína: sen vida, sen luz e sen alma. Cadaleito desfeito do que foi e non é, porque o deixaron morrer, porque o mataron…”

A Asociación O Potiños está integrada por personas teñen un hobbie común, a fotografía. Pertencer á asociación permite aprender sobre esta arte, entre compañeiros e asistinto a cursos personalizados. Tamén sirve para participar en exposicións colectivas, crear exposicións individuais, etc.

Historia

A Asociación Fotográfica Carballiñesa “O Potiños” nace no ano 1985 da inquedanza pola fotografía dun grupo de aficionados da comarca do Carballiño, sendo coñecedores da gran lagoa cultural existente neste terreo, pese a que na vila xa existía un fotógrafo profesional estable antes do ano 1910, e por esas datas xa cinco veciños se ocupaban á profesión de fotógrafo.

Despois de varias xuntanzas elabóranse e se aproban os estatutos, tendo por finalidade primordial o interese pola fotografía en todas as facetas posibles, centradas basicamente nas imaxes en branco e negro e a cores, postas en papel.

Nun primeiro intre xa se pensa en recoller o material existente de vello en imaxes do Carballiño, coa finalidade de facer un fondo ou arquivo histórico e amplialo con aportacións e donacións á par que complementalo con traballos fotográficos recentes.

Na actualidade

No ano 2003 renace o grupo de interesados pola fotografía, despois de varias conversas con algúns ex-socios e dunhas cantas xuntanzas, nas que se ultiman acordos, decídese retomar o espírito da anterior asociación fotográfica e enfiar con novas inquedanzas e algunhas modificacións o traballo encol da imaxe.

As saídas á rúa, visitas a monumentos, pobos e paraxes do entorno próximo, para recoller imaxes e o seu posterior revelado, positivado e exposición, serven novamente de aliciente para aqueles que teñen inquedanza por tan nobre arte da fotografía.

As novas tecnoloxías tamén teñen cabida nesta nova etapa, posto que as cámaras dixitais marcan unha continuidade e máis unha constante na vida cotiá e o novo formato estase a valorar moi positivamente por canto a infinita gama de posibilidades que ten.