Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón organiza un concurso de disfraces semipresencial

Por 28 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Pobra do Brollón está a organizar un concurso de disfraces semipresencial. Para iso, a Casa Consistorial colocou un photocall para que os veciños e veciñas se acheguen en calquera momento se fagan unha fotografía e a compartan no Instagram ou Facebook etiquetando ao Concello.

A iniciativa ten como prazo ata o vindeiro 2 de marzo. Ademais de subir a foto ás redes sociais haberá que mandala por Whatsapp ao 650 624 828 ou ao correo comunicación@concellodapobradobrollon.gal.

Haberá catro premios, infantil individual, infantil grupal, adulto individual e adulto grupal.

A Pobra do Brollón aposta pola seguridade e a saúde un ano máis ao evitar con esta iniciativa as aglomeracións, as grandes festas e as xuntanzas masivas.