Skip to main content
Quiroga

Quiroga destinará 250.000 euros do Plan Único a obras de mellora nos núcleos

Por 6 Febreiro, 2022Febreiro 7th, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno Municipal aprobou a subvención do Plan Único Provincial para este ano 2022, no que se tentará facer arranxos en todos os núcleos do municipio.

O Concello de Quiroga dispoñerá de 380.000 € dentro deste plan. Unha parte deste orzamento ten que ir dirixida a financiar o Servizo de Axuda no Fogar en presentación básica (15 usuarios). Ademais subvencionaranse tres postos de traballo.

250.000 € deste Plan Único Provincial destinarase a obras, coa obrigación de que o 60% desta cantidade se dedique a reparacións. O equipo de Goberno tentou que con esta parte de obras se cubran as necesidades de todos os núcleos do municipio.

Limparase a totalidade das pistas asfaltadas do municipio (Centeais, Montefurado, Conceado, Margaride, Carballo de Hospital, Caspedro, Arxubín, Freixeiro, Soán, Orxais, Lamas, Vilar de Lor, Campos de Vila, Fisteus, A Lama, Os Covallos, o Mazo, Soldón, etc.) algo que xa require uns 48.000 €.

Melloraranse infraestruturas en Pacios de Mondelo, Vilarbacú, a Seara, a Cruz de Outeiro, Vieiros, Bustelo de Lor. Tamén se realizarán melloras en Carballo de Lor, Parteme, Aldea, a Vaqueriza, Meiral, a Enciñeira, Bendollo e Sexmil.

Asfaltado e rexeneración do acceso a Pacios da Serra, Vilar de Mondelo, Bendilló, Chao da Casa, Vilañán, San Xulián e as Estradas, así como a pista de Xestoso a Castro Portela. Tamén se poñerá un novo firme na rúa principal dos Novais e rexenerarase o acceso ao cemiterio de Sequeiros.

Realizaranse melloras en rúas e camiños rurais en San Vitoiro, Castí de Lor, o camiño da auga de Sequeiros, Bendollo e o Ibedo. Tamén haberá melloras en Centeais e no camiño entre Vilanuide e Seadur. Haberá obras menores en Montefurado e Centeais e arranxarase o centro social de Vilaester. Ademais hai prevista algunha intervención na Ermida e en San Vitoiro.

Na vila de Quiroga tamén se realizarán melloras. Contarase con 48.000 € para o equipamento da nova rúa que se está abrindo entre as rúas Tallos e Rego da Silva. E terase outra cantidade semellante para mellorar o actual equipamento da vila que se atope máis deteriorado. Atendendo a petición da asociación Quiroga en Marcha pintarase a fachada da Casa da Cultura

Obras de mellora, en maior ou menor medida, pero atendendo as peticións e necesidades dos máis de cen núcleos de poboación cos que conta o municipio.