Skip to main content
Quiroga

Novo obradoiro de cociña para os nenos e nenas de Quiroga

Por 12 Febreiro, 2022Febreiro 13th, 2022Sin comentarios

Os nenos e nenas de Quiroga poderán achegarse ao mundo da cociña grazas ao obradoiro de cociña Mini Chef que terá lugar o 19 de febreiro nas instalacións do albergue municipal. Esta actividade é unha continuación do obradoiro que se celebrou no Nadal.

O obradoiro de cociña está dirixido aos nenos e nenas de 6 a 14 anos e axudará á conciliación laboral, a potenciar a relación entre os nenos do concello e a realizar actividades fóra do común que poidan levantar paixóns ou novas habilidades nos cativos. Ademais, tamén aportará as nocións básicas da cociña aos máis novos co fin de crear unha base coñecementos de cociña.

Esta actividade será impartida pola escola infantil de cociña Diseño del Sabor. Os nenos que queiran participar pódense anotar na casa da cultura antes do venres día 18 de febreiro.

Nesta ocasión a receita elixida estará relacionada co inverno e co Entroido. Dado que cada participante levará para a súa casa a sobremesa elaborada, deberase aportar unha pequena cantidade económica para o custo dos ingredientes.