Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao ofrece nova formación en apicultura

Por 6 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Saviñao pon a disposición dos seus veciños unha nova formación en apicultura. Este curso superior titulado O mundo das abellas comezará o 5 de marzo e será impartido por Alberto Vázquez Domínguez, un veciño de San Adrián, profesional do sector.

Nesta instrución trataranse temas como a historia das abellas, a colmea e as súas clases, os seus habitantes: raíñas, obreiras e abázcaros, enfermidades, renovación de raíñas, método Snelgrove, etc.

Será preciso inscribirse no Concello ou chamando ao teléfono 982 452 061 antes do 2 de marzo. As prazas serán limitadas e terán preferencia os veciños empadroados no Saviñao.

O curso está dirixido a persoas vinculadas coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

O curso terá forma de charlas coloquiais os sábados de 20.00 a 21.00 horas no auditorio Escairón.

APICULTURA
A apicultura é a actividade adicada á crianza das abellas e a prestarlles os coidados necesarios co obxectivo de obter e consumir os produtos que son capaces de elaborar e recolectar. O principal produto que se obtén desta actividade é o mel.