Skip to main content
Láncara

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza o entroido do Concello

Por 16 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Antiga escola de Láncara, acollerá o vindeiro domingo 27 de febreiro unha festa para celebrar o entroido. Esta cita está organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara que se encarga de realizar actividades para a veciñanza, co fin de que pasen un bo rato entre os máis achegados da zona e contribuír así a facer parroquia.

A celebración dará comezo ás 19.30 horas e nela poderase degustar os alimentos típicos desta festividade como os chourizos, liscos, filloas, orellas, etc. Ademais, estará amenizada polo Dúo Meritxell.

Non é obrigatorio acudir disfrazado pero haberá sorteos para as persoas que vaian caracterizados. Esta é unha maneira de incentivar o máis especial desta festa, os disfraces.

A entrada á esta celebración será de balde para os socios e terá un custe de 5 euros para os non socios.

O entroido, é unha festa popular de carnaval que se celebra en Galicia. O arraigo desta celebración na comunidade autónoma ven dado polo feito de que a pesar da súa prohibición na época da ditadura continuouse celebrando nas zonas rurais polas aldeas, conservando a súa riqueza cultural, mentres que nas zonas urbanas celebrábanse en sedes sociais onde se había que identificar para acceder.