Skip to main content
Paradela

A residencia de maiores de Paradela celebra o seu terceiro aniversario co aforo completo

Por 8 Febreiro, 2022Sin comentarios

Os maiores do Concello de Paradela teñen unha atención de máxima calidade grazas á residencia de maiores de titularidade municipal. Este centro abriu no ano 2019 e en pouco tempo encheu por completo o seu aforo, na actualidade da servizo a un total de 24 veciños e ten a varios máis na lista de espera agardando unha vacante.

Ademais, esta entidade colabora cos negocios locais ao facer as compras e as xestións nos establecementos da vila. Os residentes poden desfrutar dun amplo xardín e teñen cociñeira propia. As instalacións, construídas nun terreo de 3.500 metros cadrados localizado no centro da vila.

Conta cun panel de traballadores formado por 14 persoas entre as que se encontran diversos perfís profesionais enfermeira, psicóloga, terapeuta e xerocultoras.

A xestión corre a cargo da empresa ourensá Troncoso Casares que ten experiencia noutros centros de maiores e que acaba de ser adxudicataria do servizo de axuda no fogar de Láncara.

O Concello ten tamén un centro de día que permanece pechado por seguridade ante a pandemia causada pola Covid 19. Este centro comparte estancias coa residencia polo que podía supoñer un risco para os veciños da residencia de maiores. O cento de día conta con 20 prazas que chegaron a cubrirse totalmente ao incluír transporte dende lugares como Sarria, Portomarín ou O Páramo.