Skip to main content
Samos

A comunidade de montes de Toca en Samos solicita a plantación de 4.000 árbores

Por 9 Febreiro, 2022Febreiro 10th, 2022Sin comentarios

En Galicia, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por 2800 comunidades de montes. Isto demostra que esta figura ten un claro indicador económico e produtivo.

É necesario recoñecer a achega do monte veciñal na vertente social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de conseguir esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de poñer a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local , o obxectivo é mellorar a explotación forestal e da biomasa, e tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastoriles), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e roteiros de sendeirismo que profunden no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Neste senso, a comunidade de montes veciñais en man común de Toca, pertencente á parroquia de Renche en Samos, requiriu á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) a repoboación de árbores con 4.000 exemplares.

Dende a mancomunidade solicitan a plantación de cereixos, castaños e bidueiros tanto na marxe esquerda como dereita do río Ferreiro e Rego de Valcorveiro.

O monte comunal de Toca xa sofreu unha plantación de máis de 100 árbores levadas a cabo por escolares despois de que a zona fose afectada por un incendio no mes de outubro do ano 2017.