Skip to main content
Sarria

O BNG volverá recoller firmas en Sarria para esixir melloras ferroviarias

Por 5 Febreiro, 2022Sin comentarios

O próximo pleno de Sarria terá na súa orde do día unha moción levada polo BNG para esixir mellores ferroviarias na comarca. O portavoz do partido, Efrén Castro, lamenta que nas partidas do orzamento do goberno actual de Sarria non se tivo en conta a modernización do ferrocarril.

Nas peticións que dende o partido fan ao goberno central atópase a conexión directa no eixo Lugo-Sarria-Monforte e as cidades de Santiago, Vigo e Ponferrada. Ademais, tamén solicitaron un incremento na frecuencia dos trens con destino A Coruña e Ourense.

O BNG insta á Xunta que asuma as competencias en materia de ferrocarril.

O día 6 de febreiro, os nacionalistas galegos volverán recoller firmas entre os veciños de Sarria no campo da feira a partir das 12.00 horas co fin de conseguir apoio para solicitar melloras ferroviarias.