Skip to main content
Sarria

O sarriao, Javier Pena, único lucense premiado no Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Por 8 Febreiro, 2022Febreiro 9th, 2022Sin comentarios

Javier Pena, natural de Sarria recibiu o galardón no Bienal de Pintura do Eixo Atlántico celebrado a principios do mes de febreiro en Mirandela, Portugal. A obra premiada tiña o título 2D-3D e foi realizada con pintura acrílica sobre unha táboa plana.

O artista sarriao recibiu unha mención de honra sendo o único artista lucense que levou un premio neste concurso.

O Bienal de Pintura do Eixo Atlántico celebrou a súa décimo terceira edición con máis 100 traballos presentación. Como novidade, este ano, a exposición poderá visitarse tamén de maneira virtual aínda que nun futuro establecerase en Monforte de Lemos.

Este programa, estimula a creación artística, posibilitando simultaneamente o intercambio cultural e o coñecemento de artistas, que no noroeste peninsular constitúen unha contribución extraordinariamente viva e dinámica no panorama cultural europeo.

Máis aló diso, o Premio de Novos Talentos Luso – Galaicos pretende estimular o esforzo e a creatividade dos máis novos, e suscita un futuro culturalmente rico e diversificado.

Á entrega de premios acudiron tamén o alcalde de Sarria, Claudio Garrido e os concelleiros Félix Seijas e Reyes Abella, que aproveitaron a súa visita ao país luso para coñecer parte do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila de Mirandela. Asemade, mantiveron un encontro con responsables de Montalegre, coa que Sarria está irmandada polo seu entusiasmo polas meigas.