Skip to main content
Sarria

Sarria será unha das 300 vilas que elaborará a Alfombra Mundial do Xacobeo 2022

Por 9 Febreiro, 2022Febreiro 10th, 2022Sin comentarios

Sarria prevé acoller, por segundo ano consecutivo a alfombra dentro do marco O teu Xacobeu, que é un programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño Santiago e a promoción do Xacobeo 2022. A alfombra que se vai a realizar, englóbase no proxecto denominado Alfombras para o Camiño, co que se quere poñer en relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, a través de algo, como son as alfombras de flores que cada ano se realizan en centenares de vilas e pobos de Galicia, con motivo das festas do Corpus Christi.

Para iso alfombristas de Sarria realizarán entre os días 23 e 25 de xullo o bosquexo deseñado por Antonio Cunha. Este fai referencia ás vidreiras das igrexas, catedrais e demais edificios eclesiástico que se atopan ao longo do Camiño. Na imaxe tamén se pode ver a cruz de Santiago como guía dos peregrinos. Así como a frecha amarela distintivo do camiño, o nome da vila e a distancia en quilómetros que hai dende esa vila ata Santiago de Compostela.

A obra que se vai representar foi elixida por whatsapp ante 45 propostas. Finalmente, o artista portugués triunfou e o seu debuxo estará presente en 300 cidades diferentes de 30 países.

O ano pasado Sarria tamén realizaron unha alfombra ante a Igrexa de San Salvador, na rúa Maior. A alfombra reproducía motivos do Claustro do Mosteiro da Magdalena e o escudo da Orde da Merced.

PEREGRINOS EN SARRIA
A octoxenaria vila de Sarria foi lugar de paso de peregrinos dende a Idade Media, aínda que non figura no Códice Calixtino, a súa historia está ligada ás peregrinacións.

Froito deste florecemento cultural e artístico foron a fundación por toda a comarca de diversos mosteiros como Santo Estevo de Calvor (785), Santa María de Corvelle (857) ou San Mateo de Vilapedre (segunda metade do X), San Martiño e Santiago de Barbadelo, San Paio de Piñeira, Santiago de Mortoláns, San Paio de Cesar, San Salvador de Barxa, San Salvador de Rosende, San Mamede de Pinza, San Pedro de Taíde…

Tamén relacionado co Camiño hai que citar o Mosteiro da Magdalena, fundado a principios do S. XIII como hospital e albergue para descanso e abrigo dos peregrinos, por dous relixiosos italianos da Orde dos Bienaventurados Mártires de Cristo.

Sarria é unha vila unida á tradición xacobea ao ser atravesada polo Camiño de Santiago Francés declarado como Ben Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, sendo a localidade máis poboada do leste en Galicia. Atópase a 111 km de Santiago polo que xa é un punto válido para o peregrinaxe a pé, xa que a distancia mínima para obter a Compostela son 100km. Por este motivo, peregrinos de todas as linguas, nacionalidades e culturas deciden iniciar aquí este roteiro secular, seguidos por diversas motivacións