Skip to main content
Sarria

O deputado no Congreso Néstor Rego estará hoxe, 11 de febreiro, en Sarria

Por 11 Febreiro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego organiza en Sarria un acto informativo co deputado no Congreso, Néstor Rego, no que tamén estará o secretario comarcal da CIG Lugo-A Mariña, Antonio Niño. Celebrarase hoxe 11 de febreiro ás 20: 30 horas na Casa da Cultura.

Trataranse temas como o traballo desenvolto polo BNG na política do Estado, así como os retos e os futuros que están a xurdir nos debates actuais. Un destes é a non derrogación da reforma laboral aplicada polo goberno PSOE-UP.

O concelleiro do BNG en Sarria, Efrén Castro, declarou os motivos da organización deste acto “é preciso organizar estes actos para que a veciñanza contacte directamente cos seus representantes e vexan o traballo que desenvolve o BNG en Madrid”

Deste xeito, Efrén Castro animou a asistencia a este acto “desde o BNG convidamos á toda a veciñanza de Sarria como da comarca a este acto, no que debateremos e compartiremos impresión sobre o papel do BNG no Estado e tamén reflictiremos a situación actual das traballadoras e traballadores coa non derrogación laboral”.