Skip to main content
Sarria

Alivio entre os veciños dun edificio de Sarria que loitaron durante 24 anos para evitar o seu derribo

Por 11 Febreiro, 2022Febreiro 12th, 2022Sin comentarios

Sobre o inmoble do número 70 da rúa Calvo Sotelo de Sarria caía unha orde de derribo parcial que finalmente non se levará a cabo. Isto foi o resultado do auto que declarou o xuzgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo despois de que o edificio sufrira as obras de legalización.

Este edificio que conten 24 vivendas, tres baixos e unha entreplanta levaba carrexando este problema durante 20 anos.

A cuestión comezou despois de que un veciño denunciara que a pendente do tellado e a altura da entreplanta non se adecuaban á licencia concedida no ano 1995. Naquel momento, o Tribunal de Xustiza de Galicia ordenou as demolicións pertinentes para cumprir a norma. Pasados os anos, sen executar ningún tipo de obra o Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo ordenou ao Concello a demolición oportuna.

No ano 2013, a comunidade de propietarios presentou un proxecto de legalización ao modificarse as normas subsidiarias do plantexamento urbanístico, neste proxecto tamén se contemplaban obras na cuberta do edificio para adecuarse as normas. As licencias foron denegadas no ano 2017 polo que os veciños se viron obrigados a recorrer, despois desta loita o xuzgado deulle a razón e o Concello a licencia de obra no ano 2020.

Trala execución das obras tanto o Concello coma os veciños xustificaron no Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo a imposibilidade de levar a cabo a demolición debido á recente legalización do inmoble declarando así a inexecución da sentencia.

Con esta sentencia ponse fin a 24 anos de incertidume entre os veciños que vían perigar as súas vivendas.