Skip to main content
Sarria

Alejandro Valverde participará no Gran Camiño de Sarria

Por 17 Febreiro, 2022Febreiro 18th, 2022Sin comentarios

O ciclista Alejandro Valverde participará co grupo Movistar no Gran Camiño, a volta ciclista galega que chegará a Sarria o vindeiro 27 de febreito.

A localidade sarriá, punto de referencia do Camiño de Santiago, acollerá a cuarta e última etapa da rolda, unha contrarreloxo individual de case 16 quilometros con chegada e saída na vila.

A presenza de Alejandro Valverde, anunciada polo Movistar, prestixia unha proba que nace coa vontade de recuperar un espazo propio para o ciclismo galego no calendario internacional.

O GRAN CAMIÑO
O Gran Camiño terá lugar do 24 ao 27 de febreiro. Durante estes catro días, o pelotón atravesará parte dos diferentes paraxes de Galicia. Cada unha das catro provincias que conforman Galicia será protagonista nunha das catro etapas, cun percorrido moi atractivo tanto para o corredor como para o espectador, onde por seguro se vivirán grandes momentos de loita, estratexia e deportividade. En Pontevedra, onde se iniciará a rolda, a etapa discorrerá entre O Porriño e Vigo. Na Coruña, o punto de referencia da etapa será O Ézaro. Mentras, en Ourense, a saída estará en Maceda e a meta en Luíntra.

A etapa de Sarria será unha contrarreloxo de 15,9 quilómetros e 240 metros de desnivel que transcorrerá integramente polo concello de Sarria, cuns primeiros quilómetros por estradas secundarias, coincidindo durante algúns tramos co Camiño de Santiago, e final no casco antigo da vila, na Rúa do Castelo.