Skip to main content
Sarria

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria realiza un mural polo medio ambiente

Por 19 Febreiro, 2022Sin comentarios

O IES Xograr Afonso Gómez realizou unha serie de actividades que fomentan a concienciación e as boas prácticas co medio ambiente. Estas tiveron lugar o pasado martes.

O alumnado gozou de dúas actividades enmarcadas dentro dos plans e proxectos de Educación Medioambiental e sostibilidade que ten en marcha o centro. Nesta ocasión a través de Afundación realizaron dous talleres que mesturaron cultura, creatividade e coidado do medio ambiente.

Nos obradoiros utilizaron pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absrorben o CO2 do ambiente, trátase de pinturas que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta). De aí o nome da actividade “Plantando árbores con pinceis”.

Esta innovadora iniciativa tivo como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

O primeriro taller foi de pintado de bolsas de tea e cada alumno/a plasmou un deseño que realizou previamente na clase de Debuxo. O segundo taller consistiu na realización dun mural artístico colaborativo.